CRTVG

Buscar

Detido un mozo en Madrid por acosar sexualmente nenos en Internet

Publicado o 27/08/2019 12:00

Un mozo de 22 anos foi detido en Alcalá de Henares por acosar sexualmente menores a través de Internet. Nunha operación conxunta, Mossos d'Escuadra e Policía Nacional chegaron ata el despois de que un neno de 12 anos de Terrassa denunciara que estaba sendo vítima de acoso por un individuo co que compartira xogos en liña.

Segundo relatou, o acosador obligouno a gravar vídeos de sexo explícito e ameazouno con difundilos se non gravaba máis. Ata que o rapaz avisou os pais, que presentaron a denuncia. A policía atopou na casa do detido abundantes arquivos sexuais, entre eles os do denunciante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019