CRTVG

Buscar

Detido un mozo na Coruña por amezar a seu pai cun cristal de quince centímetros

Publicado o 24/07/2019 12:48

Detido un home nas últimas horas na Coruña por ameazar a seu pai cun cristal de quince centrímetros de lonxitude.

Sucedeu no barrio de Monte Alto. Ata alí desprazáronse os axentes despois de recibir o aviso. Cando chegaron, atoparon un home duns 60 anos que lles explicou que o seu fillo o ameazara por negarse a darlle cartos para aboar unha débeda que tiña pendente, relacionada coas drogas. Cando os axentes subiron á vivenda atoparon o mozo, aparentemente tranquilo. Recoñeceu a discusión, pero non as ameazas. Os axentes puideron comprobar que aínda tiña na man o cristal co que supostamente acababa de ameazar o seu pai, e aínda así deciciron marchar. Pero non foron moi lonxe, porque regresaron pouco despois ao comprobar que existian denuncias previas. Foi posto a disposición xudicial.

Noticias web

24/07/2019