CRTVG

Buscar

Detido un mozo en Pontevedra por agredir a súa exparella menor de idade

Publicado o 04/11/2020 14:42

Pouco antes das 9 da noite deste luns, moi preto das dependencias da xefatura da Policía Local de Pontevedra, tiña lugar unha discusión entre dous mozos que rematou cunha detención, pola agresión do rapaz á súa exparella menor de idade. 

Foron as compañeiras da menor as que foron pedirlles axuda aos axentes que, cando chegaron ao lugar, atoparon a vítima moi alterada e con algúns sinais de violencia. 

A Policía Local procedeu á detención inmediata do agresor que foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional para ser posto a disposición xudicial. 

Noticias web

04/11/2020