Detido un mozo no Canadá acusado de atropelo intencionado a unha familia musulmá
Publicado o 08/06/2021 08:24

Detido no Canadá un mozo de 20 anos acusado do atropelo deliberado dunha familia musulmá, que deixou catro mortos e un ferido grave. As forzas de seguridade afirman que teñen probas de que o atropelo foi premeditado e a famlia atacada por causa da súa fe islámica; por esa razón, o Goberno estuda se acusar o detido dun delito de terrorismo.
Os feitos aconteceron o domingo, cando o acusado lanzou a súa camioneta contra esta familia. Morreron catro persoas e unha quinta, un neno de nove anos, permanece ingresado con feridas graves.