CRTVG

Buscar

Detido un mozo en Calviá tras matar presuntamente o seu padrasto e acoitelar a súa nai

Publicado o 12/01/2018 15:10

A Garda Civil detivo un mozo en Calviá sospeitoso de matar a seu padrastro e deixar gravemente ferida a súa nai. O detido está acusado de homicidio e intento de homicidio.

Foron os veciños os que alertaron a policía despois de escoitar os berros. Un deles mesmo falou coa vítima. Ao chegar os axentes atoparon morto a coiteladas o home que vivía na casa e ferida de gravidade a súa parella. Canda eles estaba o fillo da muller, un mozo de 27 anos ao que os axentes tiveron que reducir para arrestalo. O detido ten antecedentes por violencia doméstica.

Os veciños da rúa Santa Lavinia de Calviá foron os que chamaron a policía para alertar dos berros procedentes dun chalé da urbanización. Un deles mesmo conseguiu falar coa vítima mortal e intentaron ir en auxilio da parella.

Ao chegar a policía atoparon morto a coiteladas o home que vivía na casa e ferida de gravidade a súa parella. Canda eles estaba o fillo da muller, un mozo de 27 anos ao que os axentes tiveron que reducir para arrestalo. A nai foi conducida ao hospital, onde permanece ingresada en estado moi grave con múltiples feridas de puñaladas en tórax e abdome. 

O detido ten antecedentes por violencia doméstica e era coñecido pola policía pola súa conflitividade. Ao parecer tiña unha orde de afastamento da nai e do padrasto e non podía achegarse ao chalé da parella. A familia, el español, ela e o fillo ucraínos, vivían na casa desde que o presunto agresor era un neno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018