CRTVG

Buscar

Detido un mozo do Porriño por camiñar pola A-55 sen chaleco e con auriculares

Publicado o 14/09/2020 21:34

Un mozo de 24 anos, veciño do Porriño, foi denunciado pola Garda Civil por camiñar pola autovía A-55 Ía sen chaleco e cos auriculares postos andando pola beiravía a altura do polígono das Gándaras. Ocorreu durante a fin de semana e cando os axentes chegaron o seu carón díxolles que ía traballar nunha empresa do polígono. A Garda Civil acompañou ata a primeira saída e cursou denuncia dos feitos xa que o tránsito de peóns está prohibido neste tipo de vías.

Noticias web

14/09/2020