CRTVG

Buscar

Detido un mozo de 21 anos por golpear un policia durante os disturbios de Vallecas

Publicado o 13/04/2021 08:34
Detido un mozo de 21 anos por golpear un policia durante os disturbios de Vallecas

A Policia Nacional detivo un mozo de 21 anos que a semana pasada pateou nun axente deste corpo durante os disturbios tras o mitin de VOX en Vallecas. Un dos manifestantes fíxolle unha cambadela e logo deulle unha patada.

O axente acabou caendo ao chan e seguiron golpeándoo. Tivo que ser atendido no hospital de varias contusións. Este é o quinto detido polos disturbios da semana pasada en que houbo 34 feridos, 21 deles policías.

Noticias web

13/04/2021