CRTVG

Buscar

Detido un mozo de 19 anos en Alacante tras acoitelar a súa parella, de 20

Publicado o 17/08/2020 17:54
Detido un mozo de 19 anos en Alacante tras acoitelar a súa parella, de 20

E no concello alacantino de San Vicente de Raspeig detiveron un mozo de 19 anos acusado de acoitelar a parella de 20.

Segundo fontes da investigación, a agresión produciuse durante unha discusión no domicilio que compartían na rúa Dous de maio. A moza foi trasladada ao hospital xeral de Alacante con feridas no costado e nos pulsos, polo que precisou entrar no quirófano.

A Garda Civil investiga o arrestado por un suposto delito de violencia machista e outro de homicidio en grao de tentativa.

Noticias web

17/08/2020