CRTVG

Buscar

Detido un mozo de 18 anos pola suposta agresión sexual a unha menor en Alxeciras

Publicado o 07/01/2019 20:16

Este luns pasou a disposición xuidicial o mozo de 18 anos detido en Alxeciras como suposto autor dun delito de agresión sexual a unha menor na noite de Reis. Segundo a policía, o detido obrigou a vítima, de 14 anos, a acompañalo ata un lugar apartado onde mantivo supostamente unha relación sexual non consentida coa rapaza. A investigación continúa aberta e os investigadores tratan de determinar o grao de implicación e responsabilidade penal doutros dous mozos que ían co suposto agresor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019