CRTVG

Buscar

Detido un motorista que atropelou dous axentes da Policía Local en Sevilla

Publicado o 19/09/2019 13:22

A Policía Local de Sevilla detivo un motorista que atropelou dous axentes que participaban nun dispositivo contra as carreiras ilegais na zona da Cartuja da capital andaluza.

O detido, de 28 anos de idade, non atendeu os axentes que lle deron o alto e ao intentar esquivalos atropelounos. Un dos axentes ten fracturado o dedo dun pé e o outro o pulso.

O motorista, que non tiña permiso de conducir, pasou xa a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019