CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Detido un menor en Salamanca acusado de violar unha moza

Publicado o 12/02/2018 14:54

A policía detivo en Salamanca un menor de idade acusado de violar unha moza.

A denuncia presentouna unha rapaza de nacionalidade chinesa. Acusa o mozo de agredila sexualmente onte pola mañá, nos baños dun bar próximo á Praza Maior da cidade. Nunha primeira declaración, o detido recoñeceu que mantiveron relacións, pero dixo que foron consentidas. Segundo a policía, o menor estaba a ser buscado tras desaparecer dun centro de menores de Salamanca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí