CRTVG

Buscar

Detido un menor de 15 anos por gravar a malleira de Amorebieta

Publicado o 17/08/2021 13:19

Nova detención pola brutal malleira a un mozo en Amorebieta. O detido é un rapaz de Sestao de 15 anos, ao que se considera responsable da gravación do vídeo da agresión. Con este xa son 15 os arrestados, oito deles menores idade.

Tres semanas despois, o mozo de 23 anos ao que golpearon segue ingresado en coma no hospital de Bilbao.

Noticias web

17/08/2021