CRTVG

Buscar

Detido un menor de 14 anos por dous intentos de violación en Puerto Serrano, Cádiz

Publicado o 09/02/2018 20:55

 

A Garda Civil detivo en Puerto Serrano, en Cádiz, un menor como presunto autor de dúas agresións sexuais. O neno ten 14 anos e supostamente intentou violar na mesma semana unha muller de 23 e outra de 42 anos. Malia usar a violencia para intentar reducilas, non puido consumar a violación pola gran resistencia que ofreceron as vítimas. Tras as denuncias, os axentes non tardaron en dar co menor, que vive na localidade onde se produciron os feitos e non estaba escolarizado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018