CRTVG

Buscar

Detido un menor da Coruña por intento de homicidio en Zamora

Publicado o 19/09/2021 09:33
Detido un menor da Coruña por intento de homicidio en Zamora

Axentes da Garda Civil detiveron dous mozos, un deles menor da Coruña, por intento de homicidio en Zamora. Segundo informa a Benemérita, que dá por pechado o caso, serían os presuntos autores do acoitelamento dunha muller de 69 anos no seu domicilio en Villarín de Campos a finais de agosto.

De acordo coas mesmas fontes, os agresores, un deles encapuchado, entraron na casa da muller de madrugada e ferírona de arma branca. A investigación baralla a vinganza como móbil, xa que o menor tiña vínculos familiares coa vítima.

Nestes momentos está nun centro de menores. O outro detido, de 19 anos, ingresou en prisión provisional.

Noticias web

19/09/2021