CRTVG

Buscar

Detido un maxistrado do Tribunal Constitucional por violencia de xénero

Publicado o 11/08/2020 15:35
Detido un maxistrado do Tribunal Constitucional por violencia de xénero

O maxistrado do Tribunal Constitucional Fernando Valdés foi detido onte á noite no seu domicilio da localidade madrileña de Majadahonda por un presunto delito de violencia de xénero. Tras declarar perante o xuíz, xa foi posto en liberdade.

Catedrático de Dereito do Traballo e a Seguridade Social e maxistrado do Constitucional, Valdés, de 75 anos, chegou ao Constitucional en 2012 a proposta do PSOE. É un dos catro maxistrados cuxo mandato concluíu e está pendente de renovación.

Valdés foi arrestado no seu domicilio de Majadahonda e, segundo fontes da investigación, non se identificou entre os axentes que o detiveron como maxistrado do TC.