Detido un ladrón en Vigo que levaba unha pistola Táser
Publicado o 16/06/2020 13:42
A Policía Nacional detivo en Vigo un home que levaba unha pistola Táser e que entrara a roubar nunha tenda do centro da cidade. O arresto produciuse de madrugada na rúa Sanjurjo Badía.
Os axentes recoñecérono por tratarse dun delincuente habitual e seguírono ata que viron como forzaba a pechadura dun establecemento. Agardaron a que saíra e nese momento arrestárono.
Ao cachealo atopáronlle diversas ferramentas e a pistola Táser. Ademais comprobaron que levaba varios obxectos roubados que procedían de varios vehículos estacionados.
O home conta con 24 antecedentes policiais.