CRTVG

Buscar

Detido un home tras acoitelar unha muller en Silleda nunha discusión laboral

Publicado o 13/09/2017 21:12

A muller foi atendida no lugar polo 061 e posteriormente trasladada ao Hospital Clínico de Santiago en ambulancia.A vítima residía dende hai uns meses con dúas menores de idade, unha delas súa filla e a outra, súa irmá. Os veciños escoitaron berros e xa viron marchar o agresor, que parece ser que acoitelou a muller e saíu do piso. Detivérono pouco despois. A muller foi atendida no mesmo lugar polos servizos sanitarios e trasladada ao hospital. Polo que sabemos, non se teme pola súa vida. A Garda Civil investiga os feitos, e cren que, en principio, este non é un caso de violencia machista.

O detido pola agresión con arma branca ocorrida este mediodía en Silleda foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Lalín. Apresárono pouco despois de que ocorreran os feitos.

O home reside no concello da Estrada. Parece que había certa relación de proximidade entre eles, pero, polo de agora, a Garda Civil non cre que esteamos ante un caso de violencia machista. Valoran que unha discusión de tipo laboral fose o xermolo da agresión que se produciu este mediodía. Pouco despois, os veciños escoitaron berros da muller e viron o home saír do inmoble. Testemuñas presenciais aseguran que a muller, dunha trinta anos, tiña lesións no lombo e nun brazo, supostamente producidas cun coitelo ou similar, e que estaba consciente. Foi atendida polos servizos de urxencias no mesmo inmoble e trasladada ao hospital clínico de Santiago. A vítima convive coa súa irmá e ten unha filla, as dúas menores de idade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017