Detido un home polo presunto roubo duns 700 euros nunha céntrica cafetería de Ourense
Publicado o 09/08/2019 12:28
A Policía Nacional detivo un home por, presuntamente, roubar nunha céntrica cafetería de Ourense.
Foi o traballador da limpeza o que, cando entrou de madrugada no establecemento, situado na Praza Maior da cidade, atopou a caixa rexistradora forzada e no chan. Segundo a denuncia do propietario da cafetería, fuxiron con preto de 700 euros en efectivo.
Os axentes da comisaría de Ourense identificaron o presunto autor do roubo con forza, un home de 36 anos, natural do Brasil, que xa pasou a disposición xudicial.