CRTVG

Buscar

Detido un home por pechar baixo chave a súa parella e ameazala cunha machada

Publicado o 31/08/2019 17:29
Detido un home por pechar baixo chave a súa parella e ameazala cunha machada

Un home, de 42 anos de idade, foi arrestado en Lapuebla de Labarca (Álava) por reter a súa parella, á quen encerraba baixo chave, agredíaa e ameazaba cunha machada, segundo informou o Departamento vasco de Seguridade. Os feitos coñecéronse por mor dunha chamada telefónica que realizou a vítima o pasado venres a unha amiga, aproveitando o descoido do home. Na chamada, a muller solicitaba axuda xa que, ao parecer, a súa parella non a deixaba saír soa de casa, encerrábaa baixo chave cando el saía do domicilio e tíñaa ameazada cunha machada se tentaba escapar. Ademais, fora agredida en varias ocasións. O xuíz decretou a súa posta en liberdade ata que se celebre o xuízo.