CRTVG

Buscar

Detido un home por maltratar o seu bebé de dous meses en Barcelona

Publicado o 11/01/2019 18:52

Os Mossos d'Esquadra detiveron en Barcelona un home de 21 anos acusado de agredir a golpes ao seu fillo de dous meses. O neno leva sete días ingresado no Hospital Vall d'Hebrón con signos de violencia. Os médicos interrogaron aos pais que xustificaron a situación do bebé. Pero os sanitarios sospeitaron e avisaron á Policía e a servizos sociais. Finalmente o pai acabou confesando que o golpeara. O home é un cidadán urugaio que está casado cunha moza catalá de 18 anos. En aplicación do protocolo contra a violencia infantil, quedou detido e pasará nas próximas horas a disposición xudicial. O bebé recupérase no centro sanitario.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019