Detido un home por golpear un condutor de autobús e un axente, que lle pediron que puxese a máscara
Publicado o 16/06/2020 20:28
En Vigo a policía detivo un pasaxeiro dun autobús urbano que non levaba máscara e que agrediu o condutor, e posteriormente un policía. Cando o condutor lle pediu que puxese a máscara e quitara os pés dos asentos, o home levantouse violentamente e deulle unha puñada.
O resto de viaxeiros acudiron rapidamente na súa defensa e lograron sacar o agresor do vehículo. Cando chegou a policía, ante a nova petición de que puxese a máscara, propinoulle outro golpe a un axente e foi detido por un delito de atentado contra a autoridade.