Detido un home por atropelar e matar unha meniña
Publicado o 24/11/2020 14:30
As bandeiras a media hasta da poboación sevillana de Castilblanco de los Arroyos mostran o loito dos seus veciños pola morte nun atropelo de Manuela, unha meniña de 10 meses.
A nai da bebé cruzaba un paso de peóns co carro da nena cando as levou por diante un coche. O condutor escapou, pero foi detido ao pouco, xa que o recoñeceron varias persoas. Deu positivo en tres drogas.
A meniña morreu tras ser trasladada ao hospital e a súa nai permanece ingresada en estado grave.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30