CRTVG

Buscar

Detido un home en Vigo que distribuía droga a traficantes do sur de Galicia

Publicado o 03/06/2020 14:54

A Policía Nacional detivo en Vigo un home acusado de distribuír droga a pequenos traficantes do sur de Galicia. 

A investigación iniciouse hai un mes, despois de que os veciños do barrio de Navia alertaran as forzas de seguridade da trasfega de pequenos vendedores de substancias estupefacientes, concretamente, na rúa Teixugueiras. O home que lles vendía a droga foi interceptado cando intentaba incorporarse co seu vehículo á autoestrada AP-9. Cando os axentes rexistraron o seu domicilio atoparon 13.000 euros e diversos efectos utilizados para a transformación e venda de droga.

Noticias web

03/06/2020