CRTVG

Buscar

Detido un home en Vigo por acoso sexual a 15 menores

Publicado o 21/04/2017 15:00

Contactaba cos rapaces en bares ou no salón de birlos e quedaba con eles en grupos pequenos. Invitábaos á súa casa ou ao seu barco para ver pornografía ou facerlle fotografías

A investigación inciouse hai dous meses, cando se recibiron varias denuncias na comisaría de Policía Nacional en Vigo, que relacionaba o detido, un home de mediana idade, uns 40 anos, coñecido nos ambientes de ocio nocturno, con menores de 14 e 15 anos. Os axentes recibiron as denuncias dos pais dalgúns rapaces e rexistraron o seu domicilio, o barco e o negocio que rexenta no centro de Vigo, con orde xudicial, recompilando o material que motivou a súa detención e o pase a disposición xudicial pasadas as doce desta mañá.

O seu 'modus operandi' era convidalos a subir nun coche de altas prestacións, levalos á súa vivenda ou a unha embarcación amarrada no porto deportivo vigués e amosarlles películas de contido sexual e facer fotografías espidos que logo compartía a través dun grupo de WhatsApp.

As dilixencias deste caso lévaas o Xulgado Número 7 de Vigo, e fontes policiais non descartan que aumente o número das 15 denuncias presentadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017