CRTVG

Buscar

Detido un home en Sevilla que incendiou a casa onde estaba a súa muller

Publicado o 09/01/2020 14:33

A Policía Local detivo un home que lle prendeu lume á casa en que se encontraba a súa muller na localidade sevillana de Castilleja de la Cuesta.

Un veciño conseguiu rescatar a muller, que recibiu atención sanitaria por queimaduras na cabeza e inhalación leve de fume. Ocorreu nesta vivenda da localidade sevillana de Castilleja de la Cuesta.

Un home prendeulle lume ao inmoble coa súa muller dentro, despois de bloquear a porta de saída. Un veciño acudiu en axuda da muller, pechada nun dos cuartos da vivenda, para o que tivo que enfrontarse ao marido, que lle impedía o acceso.

"Nese momento a miña reacción era quitalo do medio e sacar a muller. Non sabía como podía reaccionar el, pero non pensei nada máis".

Foi todo moi seguido. Despois dun breve forcexo, conseguiu rescatar a muller e sacala á rúa. Alí mesmo recibiu atención médica por queimaduras na cabeza e intoxicación leve por inhalación de fume.

O agresor foi detido e trasladado aos calabozos da Comandancia da Garda Civil na capital sevillana, á espera de ser posto a disposición xudicial.

Noticias web

09/01/2020