CRTVG

Buscar

Detido un home en Pontevedra acusado de roubar a vendedores da ONCE

Publicado o 11/04/2019 17:28

A Policía Nacional de Pontevedra detivo un home acusado de roubar a vendedores da ONCE. Apropiárase de cupóns da ONCE valorados en máis de dous mil euros, cartos en efectivo e efectos persoais. Escoiten cal era a súa forma de actuar.

O detido é un home de 39 anos que se achegaba aos vendedores da ONCE facéndose pasar por un axente para gañar a súa confianza.

"No primeiro dos casos dixo que era garda civil e que participaba nun operativo para localizar un suposto ladrón de vendedores da ONCE. Gañaba a confianza do vendedor e preguntáballe onde gardaba o diñeiro e os cupóns", di Paula Novas, voceira da Policía Nacional de Pontevedra.

Deste xeito o home rouboulles a 2 vendedores da ONCE, cupóns por valor de 2.000 euros así como cartos en efectivo e efectos persoais.

"Aconsellamos a todo tipo de vendedores que teñan coidado. Cando alguén se identifique como policía que lle pidan amosar a placa, para comprobalo." engade a voceira da Policía.

Lembran ademais que existe alertcops, unha aplicación de teléfono mobil que permite comunicarse automatica e gratuitamente coas forzas de seguridade.
 

Noticias web

11/04/2019