CRTVG

Buscar

Detido un home en Málaga por maltratar o seu fillo de dous meses

Publicado o 04/09/2020 18:33
Detido un home en Málaga por maltratar o seu fillo de dous meses

Detido un home en Málaga por maltratar o seu fillo, un bebé de dous meses. A Policía arrestouno despois de que o pequeno ingresara no hospital de Málaga con lesións graves compatibles coa chamada síndrome do bebé sacudido, unha forma de maltrato que pode provocar dano cerebral ou mesmo a morte.

Con esta sospeita, o xulgado abriu investigación que acabou coa detención do pai ao que se lle impuxo unha orde de afastamento do seu fillo. O bebé segue ingresado.

Noticias web

04/09/2020