Detido un home en Madrid que mallou na muller co pau dunha vasoira de aluminio
Publicado o 02/01/2019 16:08
Unha muller de 33 anos quedou ferida grave a causa da malleira brutal que lle deu o seu home. Ingresou no hospital 12 de Octubre de Madrid con varias costela rotas, fractura de brazo e unha hemorraxia interna.
A muller confesoulles aos axentes que o home mallara nela cun pau de vasoira de aluminio, lle deu patadas e mesmo lle saltou enriba cos xeonllos. Todo diante dos seus fillos. Logo encerrouna nun cuarto. A vítima logrou avisar unha amiga por teléfono e cando chegaron as forzas de seguridade atoparona en estado de shock na rúa cos seus fillos. Axentes da Policía detiveron o presunto agresor no domicilio, onde aseguran que os recibiu con pasmosa tranquilidade.