Detido un home en Madrid por presuntamente asasinar a súa parella con veleno
Publicado o 05/12/2019 15:27
Alexia, unha camareira de 38 anos, podería ser a última vítima da violencia machista en España. A Policía Nacional detivo o seu mozo, de corenta anos, na localidade madrileña de Vicálvaro. A muller faleceu o pasado sábado no domicilio que compartía a parella, aparentemente por causas naturais. Pero a investigación deu un xiro e hai indicios de que puido ser intoxicada con algunha substancia que lle provocou a morte.
O día do falecemento foi o propio home o que deu aviso ao 112 alertando de que a moza estaba morta. Os seus compañeiros sospeitan que xa sufrira maltrato.
De confirmarse que a muller foi envelenada, sería a vítima número 56 da violencia machista no que vai de ano.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27