CRTVG

Buscar

Rómpelle o cranio á muller e di que atragoou cunha espiña

Publicado o 15/07/2020 17:02

A xuíza de Torrexón de Ardoz acordou este mércores prisión sen fianza para un home de 37 anos acusado de romperlle o cranio á súa parella.

Os feitos ocorreron este luns nesta nave dunha empresa de transportes onde ambos traballaban.
Segundo os investigadores, esa noite ambos cearon na nave e marcharon xuntos nun coche da compañía.

Despois, o home volveu con ela inconsciente e con feridas na cara. El mesmo chamou os servizos de emerxencia dicindo que ela atragoara cunha espiña. Pero cando os sanitarios chegaron ao lugar atoparon un panorama moi distinto.

A muller tiña o cránio roto, sangraba polas orellas e non podía respirar. Trasladárona ao hospital e alí entrou en coma. Horas despois falecía. Tiña 31 anos. O acusado non tiña denuncias previas por violencia machista.

Con esta son 23 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano.

 

Noticias web

15/07/2020