CRTVG

Buscar

Detido un home en Lugo que transportaba 60 quilos de haxix no seu coche

Publicado o 03/01/2019 14:12

A Policía Nacional detén en Lugo un home que transportaba 60 quilos de haxix ocultos no seu vehículo. O home, de 41 anos, foi interceptado durante un control do consumo de drogas a condutores. Os axentes viron que realizaba manobras estrañas co seu coche e cando o detiveron atoparon dous paquetes con haxix ocultos no maleteiro do vehículo.

O detido, que xa ten antecedentes penais por tráfico de drogas, foi enviado a prisión despois de declarar nos xulgados de Lugo.



 

Noticias web

03/01/2019