CRTVG

Buscar

Detido un home en Lugo por agredir a parella diante do fillo menor

Publicado o 11/11/2020 11:59
Detido un home en Lugo por agredir a parella diante do fillo menor

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un home por un suposto delito de violencia de xénero tras agredir a súa parella diante do fillo de tres anos de idade. Os feitos tiveron lugar no domicilio familiar, pasadas as doce da noite deste mércores.

Os axentes presentáronse na vivenda tras unha chamada anónima que alertaba dunha discusión e dos choros do neno e a muller. Unha vez alí, a vítima confirmoulles que a súa parella a agredira. Presentaba sinais da agresión, pero rexeitou a asistencia sanitaria.

O home foi detido e trasladado ás dependencias policiais.