Detido un home de 71 anos por empurrar e golpear dous médicos e unha enfermeira en Vigo
Publicado o 20/05/2021 12:41

Detido en Vigo un home de 71 anos por unha suposta agresión contra unha enfermeira e dous médicos nun centro de saúde.
O home acudiu ao lugar a primeira hora da tarde para un servizo de enfermería coa súa muller para o que non solicitara cita. Ao parecer, mantivo primeiro unha discusión cos recepcionistas e amosouse agresivo cando lle explicaron o tratamento que precisaba. Empurrou e golpeou o médico e a enfermeira que trataban de calmalo e fixo o propio cun segundo facultativo que se achegou para ver o que sucedía.