CRTVG

Buscar

Detido un home de 28 anos na Coruña acusado de ameazar a parella cun coitelo

Publicado o 12/11/2019 18:10

A Policía Local da Coruña prendeu un home de 28 anos por un suposto delito de violencia machista, despois de que ameazara cun coitelo a súa parella, de 42.

Aconteceu na súa vivenda, no barrio do Castrillón. Ata alí desprazouse unha patrulla policial. A muller, que amosaba un alto grao de nerviosismo, contoulles aos axentes que a véspera, a súa parella chegara ebrio á casa e que, sen motivo ningún, comezara a insultala. Díxolles tamén que, amais, esgrimiu un coitelo cara a ela, á vez que lle cortaba e estragaba a súa roupa e as maletas. Despois, o agresor deitouse na cama coa arma branca e ao preguntarlle ela por que o facía, contestoulle que xa o sabería. Cando a vítima lle estaba contando todo isto á policía, o home pasou por diante, o que motivou o traslado dunha segunda dotación. Na propia vivenda, os axentes do 092 comisaron un coitelo cun gume de 18 centímetros.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019