CRTVG

Buscar

Detido un home de 26 anos na Coruña por un presunto delito de abuso sexual

Publicado o 09/10/2019 18:48
Detido un home de 26 anos na Coruña por un presunto delito de abuso sexual

Axentes municipais da Coruña detiveron un home, de 26 anos, como suposto autor dun delito de abuso sexual, segundo informa a Policía Local. 

Sobre as 5,15 horas deste mércores, os compoñentes dun vehículo que realizaba un servizo preventivo pola calle Sol foron requiridos por un grupo de catro mozas que se atopaban no interior dun vehículo estacionado.   A detención produciuse após denuncia da muller que manifestou sufrir o abuso sexual, de 20 anos e veciña da Coruña, e tres amigas dela que foron testemuñas.

As denunciantes informaron de que minutos antes, cando transitaban por esa vía, un home ao que non coñecían de nada e sen mediar palabra, subitamente, introduciu a súa man na entreperna da vítima tocando a súa zona xenital. Despois de recriminarlle por tal acto, o agresor apresuradamente tentou ausentarse do lugar mentres o grupo de mulleres comezou a seguirlle, momento en que apareceu o coche patrulla e déronlle o alto. 

As catro mozas, que non perderon de vista en ningún momento o home denunciado desde que transcorreron os feitos, identificárono como o autor dos feitos, manifestando a súa intención de denuncialo. O home foi, posteriormente, detido e denunciado por un posible delito de abuso sexual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí