CRTVG

Buscar

Detido un home cando fuxía a cabalo, sen pagar, dun bar pola estrada de Castro de Beiro

Publicado o 07/06/2019 13:38

A Policía Local logrou deter un home que fuxiu a cabalo dun bar en que non pagou a conta e, ademais, increpou os clientes que chamaron a policía.

Os axentes estableceron un dispositivo na zona para localizalo. A patrulla interceptouno cando galopaba pola estrada de Castro de Beiro. Os axentes comprobaron que o xinete presentaba síntomas de embriaguez e intentaron facerlle a proba de alcolemia pero negouse e mesmo os intentou agredir, polo tiveron que reducilo. O home, finalmente, quedou detido.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019