CRTVG

Buscar

Detido un home acusado de varias agresións sexuais en Madrid

Publicado o 26/02/2019 11:21

Deteñen a un home de 31 anos ao que relacionan, polo menos, con cinco agresións sexuais nos arredores da estación de tren de Tres Cantos, en Madrid.

A investigación comezou hai dez días, cando o individuo quixo abordar unha moza nun portal. Ela puido escapar e chamar o pai, pero deu pé a que a policía investigase denuncias similares na zona. O detido ten antecedentes por feitos similares.

Noticias web

26/02/2019

Máis sobre actualidade