CRTVG

Buscar

Detido un español que agochaba 1,3 toneladas de cocaína en 24 maletas

Publicado o 06/08/2021 10:38
Detido un español que agochaba 1,3 toneladas de cocaína en 24 maletas

Deteñen un español no Brasil cando pretendía viaxar con máis dunha tonelada de cocaína oculta en maletas. Foi no aeroporto de Fortaleza, no estado de Ceará, e collérono con case unha tonelada e media de cocaína agochada en vinte e catro maletas que estaban ao seu nome nun avión privado.

Foron comisadas mil cincocentas tabletas de droga agochadas na equipaxe. Canda este home de nacionalidade española foron detidos catro membros máis da tripulación da avioneta, que estaba lista para saír con destino Bruxelas. O avión saíra de São Paulo.

 

Noticias web

06/08/2021