CRTVG

Buscar

Detido un empresario ourensán por comercializar madeira infectada cun parasito

Publicado o 13/08/2019 16:17
Detido un empresario ourensán por comercializar madeira infectada cun parasito

Detido un empresario ourensán por comercializar madeira infectada co parasito coñecido como nematodo do piñeiro. Hai ademais outras 14 persoas investigadas nesta operación do Seprona de Pontevedra, provincia da que procedía a madeira, malia que ese dato era posteriormente falsificado á hora de vendela. O nematodo provoca graves danos no piñeiro e propágase con rapidez. Entrou en Galicia a través de Portugal, polo que se estableceu unha zona de contención de 20 quilómetros en paralelo coa fronteira con ese país, que os implicados neste caso violaron repetidamente.

 

 

Noticias web

13/08/2019