CRTVG

Buscar

Detido un empresario da Rioxa por ocultar o accidente laboral dun empregado

Publicado o 03/09/2021 08:42
Detido un empresario da Rioxa por ocultar o accidente laboral dun empregado

Na Rioxa detiveron un empresario da localidade de Autol por ocultar o accidente laboral dun traballador. A vítima, un home marroquí en situación irregular, sufriu lesións graves despois de quedar atrapado baixo un motocultor e ingresou en coidados intensivos. Cando foi o sinistro, o empresario acudiu a retirar as probas que o podían incriminar no canto de axudar o ferido, co que agora está acusado dun delito contra os dereitos dos traballadores e doutro de omisión do deber de socorro. Este accidente destapou a situación irregular dos outros traballadores da mesma empresa.

Noticias web

03/09/2021