CRTVG

Buscar

Detido un ancián por abusar dunha menor nun prostíbulo de Barcelona

Publicado o 25/02/2019 16:44
Detido un ancián por abusar dunha menor nun prostíbulo de Barcelona

En Barcelona, a policía detivo nun prostíbulo un home de 78 anos cando abusaba dunha moza de 15. Ela accedera a ir co ancián ao local despois de que a ameazara con difundir uns vídeos íntimos da súa irmá, coa que mantiña relacións.

Os axentes tamén detiveron os donos do bordel, en que se prostituían 6 mulleres chinesas. Vivían amoreadas nun cuarto insalubre e non tiñan ningún tipo de documentación.


 

Noticias web

25/02/2019