CRTVG

Buscar

Detido tras reter durante tres horas unha muller na súa casa para violala

Publicado o 29/01/2020 18:10

En Sevilla, a policía detivo un home acusado de violar unha muller esta madrugada. A propia vítima chamou a policía. Os axentes conseguiron detelo só tres horas despois. Opuxo resistencia pero non lle serviu de nada. El mesmo dixo que viñera de Córdoba a Sevilla con esta intención. os axentes non descartan que violara outras mulleres ese mesmo día.

Mario Domínguez, voceiro da Policía Local de Sevilla: "Ameazouna cunha navalla, fíxoa entrar na casa, quedou coas chaves e sacoulle o teléfono. Dixo que onte viñera de Córdoba para facelo así que non se descarta que fose a única tendo en conta os antecedentes deste home que xa pasou 26 anos en prisión por un delito semellante".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020