CRTVG

Buscar

Detido tras intentar voar a casa da muller con gas butano

Publicado o 06/08/2021 12:41
Detido tras intentar voar a casa da muller con gas butano

Tentativa de asasinato machista en Granada. Este home, de 42 anos, foi detido por intentar voar a casa con gas butano onde vive coa súa muller. Foi un veciño quen avisou a policía do forte cheiro a gas.

O presunto agresor marchara da casa minutos antes, tras discutir con ela, romper un televisor e dous teléfonos móbiles. Os axente localizaron dúas conexións de gas que foran cortadas.

O home pasou esta mañá a disposición xudicial.


 

Noticias web

06/08/2021