Detido tras danar unha vintena de vehículos en Monforte
Máis dunha vintena de coches aparcados en varias rúas de Monforte sufriron estragos de diversa índole. Á maior parte dos vehículos rompéronlles os espellos retrovisores, e algúns mesmo apareceron raiados. O presunto autor destes actos vandálicos é un mozo de 20 anos que foi collido na allada pola policía.
"Aquí houbo un señor de en fronte que lle estragaron un espello. E a este de aí déronlle na porta a patadas con ganas. E máis arriba non sei cantos coches máis". "Ao final da rúa, indo por aí abaixo, vírono dándolles golpes aos coches. Entón xa chamaron á policía e collérono. Cando fun polo coche tiña un aviso da policía dicindo que, se quería denunciar, que pasase por alí porque xa viñeran eles por aquí vendo os coches".
O presunto autor dos danos xa foi posto a disposición da xustiza.