CRTVG

Buscar

Detido tras colgar na rede unha gravación conducindo a 200 km/h e soltando as mans do volante

Publicado o 10/09/2020 12:41

A Policía detivo un mozo que cometeu graves imprudencias ao volante que ademais gravou e colgou en redes sociais.

Nas imaxes, circula a 200 quilómetros por hora na autoestrada que une Madrid e Toledo e ademais solta o volante para mover as mans ao ritmo da música que soa no interior do vehículo.

Colgou nunha rede social a grabación do teléfono mobil e cometeu con iso esta grave imprudencia. Foi un usuario desta rede quen denunciou os feitos a través do correo de atención ao cidadán da Policía Nacional, redesabiertas@policia.es.

 

Noticias web

10/09/2020