CRTVG

Buscar

Un home mata a coiteladas en Elxe a súa muller, que empredera os trámites de separación

Publicado o 13/07/2019 19:38

O asasinato produciuse sobre as sete e media da mañá no garaxe do edificio onde vivía a muller. Ao parecer el estaba esperando alí a que ela baixase para ir ao traballo. Un veciño deu aviso ao 112 de que estaba escoitando berros e deseguido viu saír o home do aparcadoiro.

O presunto agresor, de 52 anos, tamén recoñeceu o crime ante a policía, que o prendeu no lugar. A vítima, que tiña 47 anos, iniciara os trámites de separación del había dez días e levaban tres sen vivir xuntos pero non constan denuncias previas por malos tratos.

A violencia machista suma no que vai de ano 31 mulleres asasinadas, 1006 desde que empezaron a contabilizarse, en 2003. O concello de Elxe convocou cinco minutos de silencio para condenar o crime e decretou dous días de loito.

A parella tiña dous fillos, de 17 e 21 anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí