CRTVG

Buscar

Detido por violación o home que intentou tirarse dun sexto andar na Coruña

Publicado o 10/09/2018 13:53

E mentres na Coruña está previsto que pase a disposición xudicial nas próximas horas un home, detido por un presunto delito de agresión sexual. A súa parella acúsao de violar presuntamente a súa filla, que é menor de idade.

Os feitos sucederon de madrugada nunha destas vivendas na Ronda de Outeiro, no barrio do Ventorrillo na Coruña.Ata aquí acudiron as forzas de seguridade e unha dotación do corpo de bombeiros. Foi un veciño o que os alertou ao ver a un home que pretendía tirarse por unha fiestra. Ao parecer foi despois de que a súa parella o acusara de presuntamente abusar sexualmente da súa filla.

Foron os bombeiros os que conseguiron disuadilo e unha vez dentro da vivenda o home, duns 50 anos, puido ser detido. Está previsto que pase a disposición xudicial nas próximas horasMentres a brigada da Policía Xudicial, do servizo da unidade de familia, ten en marcha unha investigación, da que polo momento non transcenderon moitos máis datos para protexer a presunta vítima, que é menor de idade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018