CRTVG

Buscar

Detido por traficar con droga no seu taxi

Publicado o 30/04/2020 16:07

"Apenas hai carreiras de taxis estes días en Vigo". Esta foi a escusa que deu un veciño de Vigo que foi sorprendido co seu taxi estacionado en dobre fila na Travesía de Vigo coas luces de emerxencia activadas e sen ninguén dentro. Axiña aparece unha parella, ela moi coñecida das forzas da orde por asuntos de tráfico de drogas. O home era o propietario do taxi aparcado. No rexistro do taxi atopan 350 euros e catro doses de cocaína. O varón acabou recoñecendo que transportaba e cobraba a droga, xa que apenas facía cartos coas carreiras por mor do coronavirus.

O home foi detido e posto a disposición do Xulgado de Instrución número catro de Vigo. O coche foi trasladado ao depósito municipal de vehículos. Ao home cónstalle unha detención anterior e a droga intervida daría no mercado para dez doses, cun importe total de 250 euros.

O detido xa foi posto en liberdade, aínda que permanece investigado por un delito contra a saúde pública.

Noticias web

30/04/2020