CRTVG

Buscar

Detido por tirar tres persoas dun coche en marcha tras unha persecución policial entre Cádiz e Sevilla

Publicado o 23/09/2019 15:51

Unha persecución policial que comezou en Cádiz rematou a máis de 120 quilómetros, en Sevilla. O máis incrible foi que polo camiño, o delincuente guindou fóra do coche tres persoas, e unha delas morreu. Os axentes seguírono a toda velocidade ata que o atoparon e o detiveron.

Estas imaxes gravounas a cámara dun dos axentes que participou no operativo. Os investigadores cren que se trata dun axuste de contas por drogas. As dúas persoas que sobreviviron cando as lanzaron do coche están graves.

Noticias web

23/09/2019