CRTVG

Buscar

Detido por suposta violencia machista un dos implicados no secuestro dun mozo de Sanxenxo

Publicado o 29/05/2019 13:59

A Garda Civil detivo por un suposto delito de violencia machista un dos implicados no secuestro dun mozo de Sanxenxo.

Este home, que ameazou de morte a súa ex-parella, estaba a ser vixiado dende hai tempo. Trátase dun dos catro individuos que foran arrestados o ano pasado como autores do secuestro dun mozo na zona da Lanzada. Ademais, fora detido en 2018 no marco da operación Caldox, por roubo de gasóleo en obras e empresas.

Agora está acusado de proferir ameazas á súa ex-parella a través das redes sociais. Mesmo ameazara con queimarlle o coche. Atemorizada polo acoso ao que estaba a ser sometida, denunciono ante a Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019